As 12 uvas e o brinde

28 de Decembro do 2024
1

Cada 31 de decembro, ao sonar as badaladas da Porta do Sol, comemos 12 uvas para atraer a sorte nos 12 meses do ano. Esta tradición remóntase ao século XIX, cando as uvas eran un símbolo de abundancia nos banquetes da burguesía. As clases máis baixas comezaron a imitar esta práctica durante as badaladas, converténdose nun ritual que aínda hoxe celebramos.

En 1909, unha colleita extraordinaria de uvas Aledo, típicas de Alicante e Murcia, popularizou a tradición por todo o país. A súa doce sabor e excelente conservación fixéronas perfectas para acompañar as badaladas e despedir o ano.

E por que brindamos?

Xa na época romana alzábanse as copas como un xesto de confianza e para desexar saúde, prosperidade e felicidade. A día de hoxe, non hai celebración sen un bo brinde para compartir cos nosos seres queridos.

Despedir o ano non é só unha tradición, é un momento para soñar, agradecer e empezar de novo con ilusión.