Novas

1
2 de Xuño do 2024

Estamos moi contentas! Durante o mes de maio recibimos numerosas visitas e queremos agradecelo públicamente. 

Primavera Portas Abertas
24 de Maio do 2024

Venres, sábado e domingo celebrouse a Primavera de Portas Abertas, coincidindo tamén co Día das Letras Galegas e o Día dos Museos.

O sábado 18, Día Internacional dos Museos, alcanzamos o récord de visitantes nun só día con 200 persoas! Como xa é habitual, recibimos dous grupos organizados por Viaxes Santi procedentes de Tomiño, todos eles ben xeitosos, cos que quedamos contentísimas e aínda botamos unhas parrafadas. Ademais, tamén contamos coa visita do ViñoBus, unha xenial iniciativa para promover o enoturismo. Como cada sábado, recibimos un grupo da axencia de viaxes Offitravel, que dende fai xa varios meses contan connosco para as súas rutas organizadas.

Museo
18 de Maio do 2024

Hoxe é o Día Internacional dos Museos! Hoxe é o noso día!



Este ano o lema que propón o ICOM é “Museos por la educación y la investigación”, pois como ben sinalan temos un papel fundamental á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística fomentando a curiosidade, creatividade e pensamento crítico dos máis pequenos. Para elo, propoñen como obxectivo garantizar unha educación de calidade inclusiva, equiparativa e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos e todas.



Ribeiro Bus.
10 de Maio do 2024

Durante a celebración da 61º edición da Feira do Viño do Ribeiro voltou o "RibeiroBus", un emblemático autobús turístico datado do 1954.

Os roteiros serviron como unha gran oportunidade para os turistas de percorrer as paraxes do Ribeiro, gozar das imaxes entregadas polo val do Avia e polos espectaculares viñedos, e visitar o Museo do Viño de Galicia xunto con pazos e aldeas que dende sempre vencellaron o seu pasado co viño.

Un ano máis o “RibeiroBus” rexistrou un éxito absoluto nas catro quendas de viaxes realizadas ao longo de toda a fin de semana.

Exposición
4 de Maio do 2024

O Museo do Viño expuxo, dende o 2 ata o 10 de maio, algúns dos materiais publicitarios da I Edición da Feira-Exposición de exaltación do viño do Ribeiro. Fotografías a cor, bandeirolas e un cartel orixinal foron os protagonistas. O interese radica, a pesar da distancia no tempo, na proximidade cultural entre a primeira e a última edición, tal e como exemplifica o redeseño do cartel orixinal do 1964 para a 60ª celebración da Feira

1
28 de Abril do 2024

O Museo do Viño de Galicia albergou durante dúas fins de semana unhas xornadas sobre o futuro da viticultura galega. 

A primeira conferencia da man de Clodio González; seguido de Fernando Seara, Director do Museo do Douro. Posteriormente Xosé Ángel Armas Castro, Profesor Titular da didática das Ciencias da USC e por último, Juan José Otero de MOL arquitectura.

1
14 de Abril do 2024

Na tarde de onte visitaron o Museo do Viño de Galicia un grupo de influencers que están a promocionar a primavera de portas abertas de O Ribeiro que se celebrará do 17 ao 19 de maio.

Non perdades a oportunidade de anotarvos para desfrutar duns días diferentes, con moitas actividades, bos viños e sobre todo, unha visita guiada no noso museo.



ASORLU
24 de Marzo do 2024

Foron moitas as inquedanzas froito do grande interese e aínda máis todo coñecemento compartido nun ambiente relaxado e do máis acolledor. Onte recibimos unha visita inigualable por parte dos usuarios da Asociación de Persoas Xordas procedentes da provincia de Lugo (ASORLU) e, dende o Museo do Viño de Galicia, emitimos o noso agradecemento pola oportunidade de coñecernos.

1
1 de Marzo do 2024

Febreiro remata coroándose como un dos mellores meses no tocante á afluencia de público e á ampla organización de visitas guiadas. A todas e cada unha das persoas visitantes adicamos un fondo agradecemento pola oportunidade de incluir ao Museo do Viño de Galicia dentro das súas rutas pola provincia de Ourense!



XXIV Rally de Reis.
2 de Febreiro do 2024

O Museo do Viño recibiu unha visita única: a do XXIV Rally de Reis. A Escudería de Clásicos de Ourense, da que o evento forma parte, preséntase como unha asociación cultural nada no ano 1995 e que ten como principal obxectivo conxugar unha fonda paixón polo mundo dos automóbiles clásicos e antigos. Esta asociación organiza eventualmente reunións e actividades ao longo do ano para os seus socios, quenes desta volta tiveron a oportunidade de percorrer e coñecer o Ribeiro.