Os Trens Turísticos de Galicia inclúen un ano máis ao Museo do Viño nas súas rutas.

11 de Xullo do 2024
Trens Turísticos de Galicia.

O Museo do Viño de Galicia é unhas das grandes localizacións que poderán ser visitadas dentro do itinerario da “𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙤𝙨 𝙑𝙞𝙣̃𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, a cal forma parte da iniciativa dos Trens Turísticos de Galicia para coñecer a oferta turística desta rexión.

Esta ruta ten por eixe o río Miño, visitando en primeiro lugar a adega Señorío de Rubiós, onde se degustarán o seus viños do Condado, sub-zona da Denominación de Orixe Rías Baixas. A viaxe continuará en Ribadavia, capital do Ribeiro, achegándote ao Museo do Viño de Galicia situado na reitoral de Santo André de Camporredondo. A continuación retrocederase máis de vinte séculos no tempo co castro de San Cibrao de Las, un dos maiores de Galicia, rematando a xornada coa visita á estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo, convertida en museo.

A saída será o sábado 27 de xullo.