Venres, sábado e domingo celebrouse a Primavera de Portas Abertas, coincidindo tamén co Día das Letras Galegas e o Día dos Museos.
O sábado 18, Día Internacional dos Museos, alcanzamos o récord de visitantes nun só día con 200 persoas! Como xa é habitual, recibimos dous grupos organizados por Viaxes Santi procedentes de Tomiño, todos eles ben xeitosos, cos que quedamos contentísimas e aínda botamos unhas parrafadas. Ademais, tamén contamos coa visita do ViñoBus, unha xenial iniciativa para promover o enoturismo. Como cada sábado, recibimos un grupo da axencia de viaxes Offitravel, que dende fai xa varios meses contan connosco para as súas rutas organizadas.
Por último, o domingo visitounos a Comunidade Tameiga en Flor, chegados dende Mos, quenes despois da visita puideron degustar os nosos viños da EVEGA.
Mil grazas a todas aquelas persoas, asociacións ou particulares que nos visitaron durante estas Xornadas de Portas Abertas no Ribeiro. Pola nosa parte foi un verdadeiro pracer.