Novas
Este fin de semana levouse a cabo no Museo do Viño de Galicia o “Curso de Especialización en Viños” impartido por Jorge Vila, fundador do Instituto Galego do Viño e da Galicia Wine Academy. O curso impartiuse o venres 26 de xaneiro pola tarde e o sábado 27 de xaneiro pola mañá, cun duración de 9 horas nas que se fixo un percorrido polas variedades de uva, os climas e os solos da nosa rexión. O curso contou con dúas partes: na primeira fixose a introdución e falouse da historia do viño e das D.O.
O Museo do Viño foi testemuña dunha oportunidade para novas inauguracións durante a tarde do 14 de decembro. En primeiro lugar acolleuse a presentación do terceiro volume da Colección Vitivinícola do Museo do Viño, "As etiquetas do viño", da man da historiadora da arte Miriam Elena Cortés. O traballo convértese nun percorrido pola evolución histórica do deseño das etiquetas do viño galegas, dende mediados do século XX ata a actualidade, os cales foron mudando e adaptándose aos gustos estéticos, ao público ao que ían dirixidas e que aportaban unha información relevante acerca do viño contido nas botellas.
O pasado 6 de novembro o Museo do Viño de Galicia, representado polo seu director José César Llana Rodríguez, foi convidado xunto co Museo Thyssen-Bornemisza a participar na “Tertulia Vinícola del Real Casino de Madrid” que se celebrou na sede do Real Casino de Madrid e que levaba por tema “Museos y Vino. Historia, tradición, cultura, arte y patrimonio”.
Un dos maiores segredos vitivinícolas de Valdeorras quedan á descuberta nun novo documental. A mediametraxe, dirixida por Cristina de la Torre, da a coñecer a historia, o emprego e a peculiaridade das adegas subterráneas de Valdeorras. Trátase de covas que supoñen unha sinal indiscutible do patrimonio vinícola e etnográfico que agocha esta comarca e que significan unha forma inigualable e única no tocante á elaboración e a posterior conservación do viño.
"Unha intervención singular, de moita maior complexidade da que correspondería á modestia da superficie e do orzamento", na adaptación do antigo forno da Reitoral de Santo André de Camporredondo, a sede actual do Museo do Viño de Galicia, grazas "a un minucioso deseño do mobiliario" e ao "aproveitamento do espazo".
O pasado 23 de novembro levouse a cabo no Museo do Viño de Galicia unha charla da man de José María Fonseca Moretón, o presidente fundador do Consello de Administración do Grupo Vitivinícola Terras Gauda. Neste evento falouse da súa traxectoria, na que consolidou o Grupo Terras Gauda en catro zonas vitivinícolas recoñecidas e tamén falou da estratexia que seguiu para levar os seus viños por sesenta países.
O pasado sábado día 11, visitaron o Museo do Viño de Galicia o Corpo Diplomático de Embaixadores de Fenavin, a feira vitivícola máis importante de España e unha das máis coñecidas do mundo.Trátase de pesonas con alto prestixio de distintos ámbitos profesionais como escritores, comunicadores, médicos, etc.
Nova visita, neste caso acudiron ó Museo do viño os alumnos do máster de Turimo de Ourense para coñecer de primeira man as potencialidades turísticas da Comarca de O Ribeiro. Por ser unha xornada especial, a visita dirixiuna o director do museo Don José César Llana.
Moitas grazas e un pracer!
O sábado 21 de outubro tivemos o pracer de recibir no Museo do Viño de Galicia a xornalistas procedentes de distintos lugares de España, convidados a formar parte dunha completa programación de actividades organizada pola Ruta do Viño do Ribeiro encamiñada a dar a coñecer os fascinantes recursos termais e enoturísticos que esta rexión pode ofrecer.
Dende o ano 2022 estanse a celebrar de xeito reiterado as Xornadas de Museos, organizadas pola Dirección Xeral de Cultura e dirixidas a profesionais, persoal técnico e bolseiro de centros de Galicia insertos no Sistema Galego de Centros Museísticos.