Novas

XXI Congreso Nacional de Museos del Vino.
25 de Maio do 2025

Cando falta apenas un mes para que o Museo do Viño de Galicia cumpra os seus primeiros 6 anos de vida, logo da súa apertura o 19 de xuño de 2019, a institución defendeu en Requena o seu papel como xerador de identidade para o sector do viño en Galicia.

Foi no decurso do “XXI Simposio de Museos del Vino de España”, onde o caso galego foi posto como exemplo de integración, xeración de identidade e posta en valor das distintas Denominacións de Orixe galegas.

1
17 de Maio do 2025

Con motivo do Día das Letras Galegas, o 15 de maio ás 8 da tarde tivo lugar a actuación das Pandereteiras da Istoria no Museo do Viño de Galicia.

Este grupo confórmano 24 mulleres que tocan a pandeireta e cantan para manter a viva a nosa tradición. Caracterízanse e levan como lema a amizade, agarimo, sentimento reconfortante, xuntanza, ledicia, respiro, troula e liberdade, entusiasmo, bos momentos, coidados, música.

Grazas pola vosa labor! Non o podedes facer mellor!

 

Luís Paadín
4 de Maio do 2025

Luís Paadín, sumiller e profesor da Universidade de Vigo, ofreceu o sábado 3 de maio un seminario que levou por título "Os milenarios lagares rupestres de Galicia", que rematou endulzando os padais cunha degustación de cinco viños producidos na contorna dos máis emblemáticos lagares rupestres que ostenta a Denominación de Orixe Ribeiro, nos cales pervive unha historia milenaria no tocante á elaboración do viño en Galicia.

Concerto Francisco Castro.
15 de Decembro do 2024

A música de Francisco Castro resoou onte na antiga reitoral de Santo André, onde o seu recital melódico e a complicidade co público asistente foron notables nun concerto intimista.

Evento "CatArte"
8 de Decembro do 2024

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, en colaboración coa Deputación de Ourense xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, leva unha década organizando un evento solidario que harmoniza enoloxía e arte e no que cada edición asenta unha maior presenza e interese: “CatArte”.

International Youth Exchange
23 de Novembro do 2024

Entre o 17 e o 22 de novembro a vila de Ribadavia serviu como anfitriona para acoller un intercambio xuvenil internacional con mozos e mozas procedentes de cinco países europeos entre os que se atopan, xunto con España, Portugal, Estonia, Grecia e Romanía. O programa “International Youth Exchange” trátase dunha iniciativa financiada polo programa Erasmus+.

1
9 de Novembro do 2024

O pasado xoves 7 de novembro tiveron lugar, nas instalacións do Museo do Viño, os obradoiros previos á celebración das XXIX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Desafiando á historia”. Despois, os relatores e asistentes puideron facer unha visita guiada pola exposición e degustar un dos viños da EVEGA.

1
2 de Novembro do 2024

A pesar de que coa chegada dos últimos meses do ano os días son cada vez máis curtos e o frío é cada vez máis imperante, ningún motivo é suficiente como para frear ao público que se achega a visitar o Museo do Viño de Galicia. Durante os meses de setembro e outubro foron testemuñas de esta gran afluencia!

1
27 de Outubro do 2024

Sumilleres, expertos e técnicos de outros importantes territorios vitícolas, coma o Bierzo ou o Douro portugués, instaron onte no Museo do Viño de Galicia a que a nosa rexión impulse sistemas de clasificación complementarios que destaquen a calidade e a orixe e así poida, en palabras de Miguel Crunia, un dos mellores sumilleres do Reino Unido, "encher o oco que está deixar Borgoña" como rexión que só se concentraba ata o de agora nos valores do "terroir" e dunha coidada imaxe de calidade e de orixe.

1
19 de Outubro do 2024

O pasado domingo día 13 visitáronnos dous grupos moi especiais. Un total de 100 persoas actualmente residentes de Venezuela, Arxentina e Brasil, pero todos eles galegos, que están a visitar a nosa comunidade grazas ao programa Reencontros da Xunta de Galicia. 

Moitísimas grazas polo voso interese en Galicia, nas vosas raíces, as nosas costumes e a nosa cultura, é un pracer para nós acoller a emigrantes tan emocionados por visitar a que foi a súa casa.