Curso de cualificación en viños WSET Nivel 2.

26 de Novembro do 2020
Presentación da xornada por parte de Jorge Vila (Galicia.wine), César Manuel Fernández (alcalde de Ribadavia) e César Llana (director do Museo).

Os pasados días 23 e 24 o  Museo do Viño acolleu novamente a Galicia.wine para a celebración do curso de cualificación “Wine & Spirit and Education Trust” (WSET) Nivel 2.

As persoas asistentes puideron, en dúas xornadas intensivas, pasar do nivel principiante a intermedio, profundizando nos coñecementos adquiridos no Nivel 1, impartido tamén nestas instalacións o pasado 19 de outubro. Os contidos deste segundo nivel pasan por recoñecer as principais variedades de uva do planeta a nivel rexional e os estilos de viño resultantes, o impacto de factores ambientais e tipos de viticultura nos viños, a calidade dos mesmos, os procesos de producción e as maridaxes máis adecuadas.

Este curso, que combina as catas e a teoría, foi o último realizado este ano polo director de Galicia.wine, Jorge Vila, no Museo do Viño de Galicia en colaboración co Concello de Ribadavia, a Asociación Amigos do Museo e a UNED Ourense.