Novas
Ribadavia incorpórase á «Asociación Española de Cidades do Viño» (ACEVIN), pasando a formar parte desta extensa rede de municipios que teñen en común a cultura e a economía baseada na viticultura.
A tradición vitivinícola da que foi a capital histórica da comarca do Ribeiro constituíe o elemento central da súa identidade histórica, cultural e económica.
Ribadavia conta cunha ampla selección de elementos enoturísticos que favorecen a difusión da cultura vitivinícola, como a afamada Feira do Viño do Ribeiro, creada en 1964; o amplo número de adegas e pequenos 𝘤𝘰𝘭𝘭𝘦𝘪𝘵𝘦𝘪𝘳𝘰𝘴; ou o Museo do Viño de Galicia, situado na antiga reitoral de Santo André de Camporredondo.
O sábado 13 de novembro o Museo do Viño de Galicia acolleu un evento no que se mesturou cultura e enoloxía. A actividade comezou coa presentación do libro "O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei", da man do seu autor, Bruno Rúa Martínez. Este volume súmase aos inventarios patrimoniais que está a impulsar o museo por todas as comarcas produtoras de Galicia.
O sábado 11 de outubro o Museo do Viño de Galicia recibiu ó programa 𝐑𝐞𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚. A través desta iniciativa decenas de galegos e galegas residentes en Arxentina, Brasil, Cuba, Venezuela e Uruguai, teñen a oportunidade de regresar a Galicia para reforzar os lazos coa súa terra natal e reencontrarse cos seus familiares. Como cada ano, é un inmenso pracer para nós darlles a benvida e acollelos.
O pasado sábado 13 de setembro recibimos á Asociación Prominusválidos de Cariño (APROM), unha entidade de A Coruña destinada a promover a dignidade e defender os dereitos das persoas con discapacidade cara a súa plena integración. Moitas grazas por tan agarimosa visita.
Un ano máis, o Ourense Film Festival (OUFF) permite coñecer de primeira man aqueles lugares da provincia ourensá que foron empregados como set de rodaxe para a gravación dalgunhas das series e películas máis recoñecidas e premiadas dos últimos anos, ademais de poñer en valor as paisaxes naturais das vilas más fermosas da provincia.
𝐑𝐨𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟑 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 (𝐋𝐞𝐢𝐫𝐨-𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐚𝐯𝐢𝐚-𝐌𝐞𝐥𝐨́𝐧).
Da cepa á bodega trátase dun serial incluido no podcast "Retrato Sonoro", dirixido por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez, e a través del explórase o mundo do viño en Galicia dende unha perspectiva cultural, social e histórica.
O Museo do Viño de Galicia foi unha parada da Asamblea Anual da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad na súa edición número sesenta e seis.
Alcaldes, Tenentes de Alcalde e Técnicos das vinte e unha cidades que forman parte da organización foron acompañados nesta visita pola directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia, Pilar Núñez, e o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.
Estas xornadas pretenden establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participan diferentes axentes do sector, dende o viticultor ata o fabricante de rollas, pasando polo enólogo e o historiador.
Volve un dos eventos máis esperados do ano Estabades preguntando moito por el e xa podemos confirmar que regresan as Catas Sonoras
Música para todos os gustos. Dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossa nova ata o blues, ou dende os boleros ata o swing. Sempre en directo coincidindo con ese momento tan fermoso do día coa caída do atardecer, nun entorno inigualable e rematando a velada cunha copa de viño.
📝 Estas serán as datas da nova edición:
🔹 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.
🔹 10 de xullo: Jimmy Barnatán.
🔹 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix.
🔹 21 de agosto: Ángeles Dorrio.
A fin de semana do sábado 31 de maio e o 1 de xuño celebramos a Primavera de Portas Abertas no Ribeiro e este ano o Museo do Viño participou en tres das súas rutas. Contamos con un total de 75 participantes que gozaron dunha visita guiada polas nosas instalacións, onde aproveitaron tamén para refrescarse un pouco das altas temperaturas que sufrimos nesta zona durante a fin de semana. O último dos autobuses, procedente de Ferrol, puido degustar un dos nosos viños de Evega.