A Asociación Galega de Sumilleres (AGASU) visita a comarca do Ribeiro.

12 de Febreiro do 2026
(AGASU)

O pasado domingo 25 de xaneiro visitaron o Museo do Viño de Galicia os gañadores da Iª Liga de Cata a Cegas por equipos, unha iniciativa organizada pola Asociación Galega de Sumilleres (AGASU). Tralo concurso, os gañadores terán por diante o goce dunha experiencia enoturística en cada unha das cinco Denominacións de Orixe galegas.