Novas
Os pasados días 22 e 23 de novembro, o Museo do Viño de Galicia acolleu unha vez máis á Galicia Wine Academy, para a celebración do curso de cualificación “Wine & Spirit and Education Trust” (WSET) Nivel 2.
As persoas asistentes puideron, en dúas xornadas intensivas nas que se combinan a teoría e a cata pasar do nivel principiante a intermedio, profundizando nos coñecementos adquiridos no Nivel 1, impartido tamén nestas instalacións o pasado 6 de outubro.
Complementando o compartido durante o foro do Centro Marcos Valcárcel no mes de outubro, durante os días 5 e 6 de novembro , o Museo do Viño de Galicia acolleu a ponencia da profesora Yolanda Peña “De viños romanos. Estrullados, fermentacións e adegas nomundo hispanorromano”, a de Francisco Javier Pérez “A difusión e a xeneralización da viticultura na Galicia medieval” e a presentación do Museo do Viño de Galicia por parte do seu director, José César Llana Rodríguez.
O pasado mércores 6 de outubro o Museo do Viño de Galicia acolleu unha nova edición do curso de cualificación "Wine & Spirit and Education Trust" (WSET) en viño impartida por Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy (galicia.wine). Esta é unha nova edición da primeira das actividades formativas especializadas que se realizan tralo parón provocado pola situación sanitaria e correspóndese co Nivel 1 dos catro que oferta a prestixiosa academia londinense, con formadores habilitados en diferentes partes do globo.
O pasado 30 de setembro o Museo do Viño de Galicia, no marco dos Foros La Región, organizou o debate a catro bandas coa presentación dos últimos estudos de Rafael Ocete, ampeleógrafo da Universidade de Sevilla, Andrés Teira, arqueólogo da Universidade de Vigo, Pepa Rey, profesora de Prehistoria da USC, e Carmen Rodríguez, investigadora científica da Misión Biolóxica do CSIC en Galicia.
O Museo do Viño de Galicia presentou na mañá do 2 de setembro a exposición “Imaxes do Viño en Galicia” sobre a evolución do etiquetado do viño, esa parte tan fundamental para recoñecer unha botella que supera en ocasións ao propio nome da adega ou da Denominación de Orixe da que procede.
Os pasados días 23 e 24 o Museo do Viño acolleu novamente a Galicia.wine para a celebración do curso de cualificación “Wine & Spirit and Education Trust” (WSET) Nivel 2.
O pasado 19 de outubro tivo lugar nas instalacións do Museo do Viño de Galicia o Curso de Cualificación "Wine & Spirit and Education Trust" (WSET) en viño que levou a cabo o medio Galicia.wine a través do seu director Jorge Vila Fernández. Trátase da primeira destas actividades formativas especializadas, desta volta correspondente ao Nivel 1.
Presentado no Museo do Viño de Galicia, que celebra con esta publicación o seu primeiro ano de existencia.
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo, acompañado do director do Museo do Viño de Galicia, César Llana, presentou onte, 5 de agosto, o libro “As arquitecturas históricas do viño”.
O 16 de novembro o Museo do Viño, situado en Santo André de Camporredondo (Ribadavia, Ourense), organizou a Xornada de difusión e demostración da tracción animal moderna e do emprego de animais na viticultura, que contou coa colaboración da Evega (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e de Boaga (Federación de razas autóctonas de Galicia), entre outros.