Novas
19 de Xullo do 2019
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Museo do Viño de Galicia será a o gran escaparate da nosa cultura vitícola e a casa común dos viños de Galicia. Nesta liña, incidiu en que será un referente na materia non só en Galicia, senón tamén no resto do Estado.
18 de Xullo do 2019
O Decreto de creación do Museo do Viño de Galicia (Decreto 86/2019, do 27 de xuño), publícase hoxe, 18 de xullo no Diario Oficial de Galicia. Pode consultarse o seu texto íntegro premendo nesta ligazón.
Este novo Museo vén a recoller e poñer en valor unha importante actividade do agro galego, como é o cultivo da vide e a produción de viño dende hai séculos.