Novas
Unha das actividades paralelas do Ourense Film Festival foi a execución de tres roteiros pola provincia, amosando os escenarios onde foron grabadas algunhas películas e series coñecidas a nivel internacional.
Moitos directores e directoras fixeron das paisaxes naturais e dos entornos urbanos de Galicia un escenario para rodar grandes películas e recoñecidas series. Unha das actividades máis destacadas do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) é "Ourense de cine", na que o público poderá apreciar a través de varias rutas a diversidade e a beleza que fan da provincia un dos lugares de referencia para o cinema, a través de rutas organizadas para os días 30 de setembro, 2 e 4 de outubro.
𝐑𝐮𝐭𝐚 𝟑. 𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨: 𝐎𝐮𝐫𝐞𝐧𝐬𝐞 – 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐥𝐨𝐝𝐢𝐨 – 𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐚𝐯𝐢𝐚 – 𝐌𝐞𝐥𝐨́𝐧.
O Museo do VIño de Galicia publica un novo documento audiovisual relevante sobre o estado do sector. Se non tiveches ocasión de asistir a conferencia maxistral de Alejandro Paadín (editor da Guía de Viños de Galicia, CEO de Paadín Eventos) o pasado 27 e abril dentro do ciclo "Falemos do Futuro da Viticultura de Galicia", tes agora ocasión de coñecer de primeira man os últimos datos e reflexións sobre o sector.
O pasado martes 23 de xullo a terraza da antiga reitoral de Santo André de Camporredondo foi o escenario escollido para traer as artes escénicas á propia vila. O Satélite da MIT que viaxou ata Santo André tróuxonos un espectáculo de danza contemporánea.
O pulpo do Carballiño sempre estivo vencellando ao mundo do viño galego, e moi especialmente ao viño do Ribeiro, que nunca faltou nas mesas do xantar popular que se celebra o segundo domingo de cada mes de agosto. Por iso, tal e como explicou hoxe o concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, no acto de presentación que tivo lugar no Museo do Viño de Galicia, “é de xustiza adicarlle á denominación de orixe esta 62 edición, a terceira que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional”.
Onte, sábado 27 de xullo, recibimos a visita dun dos Trens Turísticos de Galicia, unha proposta de renfe para fomentar a oferta turística da rexión. Dentro da súa oferta, un dos itinerarios foi a "𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙤𝙨 𝙑𝙞𝙣̃𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, viaxe na que combinaron dous territorios con Denominación de Orixe, e que ten como eixo o río Miño. Durante todo o día 52, pasaxeiros puideron, ademáis de gozar dunhas vistas privilexiadas, visitar varias localizacións como o Señorío de Rubiós, Ribadavia, o castro de San Cibrao de Las e a estación-museo de Santa Cruz de Arrabaldo.
O Museo do Viño de Galicia é unhas das grandes localizacións que poderán ser visitadas dentro do itinerario da “𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙤𝙨 𝙑𝙞𝙣̃𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, a cal forma parte da iniciativa dos Trens Turísticos de Galicia para coñecer a oferta turística desta rexión.
Un documento imprescindible: excelente oportunidade para desfrutar da conferencia histórica de Xoan Cannas no Museo do Viño de Galicia. Se non tiveches ocasión de asistir ás primeiras xornadas "Falemos do futuro do viño de Galicia", o pasado 27 de abril, podes agora asistir virtualmente ás reflexións do presidente do Ingavi, Instituto do Viño de Galicia, sobre o (excelente) futuro que nos agarda no panorama enolóxico mundial, según el, de ter en conta unha serie de moficacións que debería acometer o sector galego nos próximos anos.
Vistas inigualables devoltas polo viñedos do Ribeiro e artistas de diversos xéneros musicais armonizando a caída do solpor. A música volverá a soar na terraza do Museo do Viño de Galicia co regreso da cuarta edición da 𝐂𝐚𝐭𝐚 𝐒𝐨𝐧𝐨𝐫𝐚, un ciclo de concertos que se celebrará durante a tempada estival entre os meses de xullo e agosto.
Anotade, porque estas serán todas as datas.
🔸 𝟒 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨: Javier Bergia.
🔸 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨: Carolina Rubirosa.
🔸 𝟖 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨: Guzmán + Cánovas Jr.
🔸 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨: Mónica de Nut.
🔸 𝟐𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨: Martín Agra.
Con motivo do Día Internacional dos Museos, e seguindo o máis recente lema proposto polo ICOM no que se reivindica a educación, o Museo do Viño de Galicia achegouse a distintos centros de Formación Profesional galegos vinculados á vitivinicultura e á elaboración de viño para ofrecer un programa didáctico durante o mes de maio, Edu-Cata, o cal foi impartido polo presidente da Asociación Galega de Sumilleres, Juanjo Figueroa.