3 de Agosto do 2024
O pasado martes 23 de xullo a terraza da antiga reitoral de Santo André de Camporredondo foi o escenario escollido para traer as artes escénicas á propia vila. O Satélite da MIT que viaxou ata Santo André tróuxonos un espectáculo de danza contemporánea. O solpor dourado parece que era o máis longo do ano, no día máis caluroso desta 40ª edición da MIT.
Moitas grazas á organización da Mostra de Teatro de Ribadavia por esta colaboración tan especial con nós.
✨Ficha técnica.
Creación e coreografía: Clara Ferrão, Maximiliano Sanford e Nuria Sotelo.
Música: Collage musical.
Dirección: Maximiliano Sanford.
Interpretación / Elenco: Nuria Sotelo e Alejandra Balboa.
Colabora: A Casa Vella - Amiadoso - Allariz.