«Vestirme de ti», de Nuria Sotelo e Clara Ferrao, pinta de música e cor a terraza da antiga reitoral.

3 de August do 2024
Vestirme de ti

O pasado martes 23 de xullo a terraza da antiga reitoral de Santo André de Camporredondo foi o escenario escollido para traer as artes escénicas á propia vila. O Satélite da MIT que viaxou ata Santo André tróuxonos un espectáculo de danza contemporánea. O solpor dourado parece que era o máis longo do ano, no día máis caluroso desta 40ª edición da MIT.

Moitas grazas á organización da Mostra de Teatro de Ribadavia por esta colaboración tan especial con nós.



Ficha técnica.

Creación e coreografía: Clara Ferrão, Maximiliano Sanford e Nuria Sotelo.

Música: Collage musical.

Dirección: Maximiliano Sanford.

Interpretación / Elenco: Nuria Sotelo e Alejandra Balboa.

Colabora: A Casa Vella - Amiadoso - Allariz.