Education

Póster obradoiro cunquiñas
Obradoiro para facer cunquiñas de barro coas técnicas máis tradicionais.
From 21 December 2019 to 5 January 2020 - 12:00 e 16:30

Con motivo do inicio das vacacións de Nadal e co obxectivo de achegar a artesanía vinculada ao mundo do viño en Galicia ao público máis novo; o Museo do Viño de Galicia permitirá que a cativada -a partir de 4 anos- acompañada de familiares ou só coa guía das monitoras do Museo, aprendan a facer unha cunca seguindo as técnicas tradicionais. Son moitos os núcleos oleiros galegos e entre a colección permanente do museo observarán pezas de obradoiros coma os de Gundivós ou Niñodaguia, asociados á imaxe da Ribeira Sacra, e replicar as cunquiñas que poderán levar para casa ao remate da actividade que ten unha duración de 50 minutos.