12 de Outubro do 2024
Unha das actividades paralelas do Ourense Film Festival foi a execución de tres roteiros pola provincia, amosando os escenarios onde foron grabadas algunhas películas e series coñecidas a nivel internacional.
O Museo do Viño de Galicia recibiu o pasado venres 4 de outubro un total de 19 visitantes participantes na actividade “Ourense de cine”. Ademais de achegarse a este edificio, tamén visitaron outros puntos do Ribeiro como San Clodio e Leiro, onde foron rodadas Los girasoles ciegos e Cuñados; Ribadavia, escenario de filmes como A Esmorga, Cotolay, Olvido y León e a serie televisiva El desorden que dejas; por último, tamén fixeron unha parada en Santa María de León, onde se gravaron Cotolay e Las brujas de E’lente.