O Museo do VIño de Galicia publica un novo documento audiovisual relevante sobre o estado do sector. Se non tiveches ocasión de asistir a conferencia maxistral de Alejandro Paadín (editor da Guía de Viños de Galicia, CEO de Paadín Eventos) o pasado 27 e abril dentro do ciclo "Falemos do Futuro da Viticultura de Galicia", tes agora ocasión de coñecer de primeira man os últimos datos e reflexións sobre o sector.
O primordial, presentado nesta ocasión, foi que o valor medio do litro de viño galego para a exportación incrementouse ata os 3,29 euros, case un euro nun ano, segundo os datos oficiais do Observatorio de la Vid y el Vino. Os datos esgrimidos por Alejandro Paadín son unha moi boa noticia para o sector, posto que amosan a fortaleza do viñedo galego, ao reflectir o incremento do valor medio por litro de exportación (que inclúe a contabilización dos viños a granel), o parámetro que se usa para determinar a calidade media do viño nun territorio.
Así, os caldos galegos, con eses 3,29 euros litro, pasan a ocupar a posición intermedia entre Italia e Alemaña, os cuartos e quintos do mundo, moito máis alto do promedio do conxunto de España, de pouco máis dun euro.
Porén, Paadín advertiu que non é momento de durmirse nos laureis, e que unha adecuada zonificación no sector das figuras de protección en Galicia podería facer moito máis por aumentar os rendementos.
Preme no enlace para visionar a conferencia completa.
https://www.youtube.com/watch?v=6nhhW5i42fM