Novas
O Museo do Viño de Galicia -que este verán cumpriu os seus primeiros sete anos de funcionamento- vén de ser protagonista da sección de viaxes, xunto coa Ruta do Viño do Ribeiro, do programa "Zapeando", de La Sexta, na súa edición de onte.
Dani Mateo, presentador estrela da cadea moi coñecido ademais pola súa presencia en "El Intermedio", confesou o seu amor polas terras do Ribeiro, e unha extensa peza audiovisual da influencer de viajes Marina Comes (@marinacomes) repasou a historia, xeografía e alternativas enoturísticas do Ribeiro, situándoas entre as mellores ofertas de ocio e gastronomía de España.
O fotógrafo yeclano Juan Miguel Ortuño gañou a edición deste ano dos prestixiosos Louis Jadot Wine Photographer of the Year.
Este galardón, entregados de forma anual dende o 2011 e que se engloba dentro dos World Food Photography Award, premiou este ano a obra "En las profundidades del depósito", na que se ilustra o traballo diario das adegas de Yecla e o impactante que pode resultar o cotiá se se mira doutra maneira.
O enólogo Raúl Pérez volverá á ría de Arousa para recuperar unha serie de botellas de albariño do seu proxecto Sketch. O viño, que se mergullou baixo bateas, completou unha particular crianza de máis de quince anos a uns vinte metros de profundidade.
A expedición partirá de Cambados o vindeiro día 9 de setembro. Segundo Raúl Pérez, a crianza submarina -completa escuridade, presión constante e temperatura relativamente estable, ademáis do movemento continuo do mar- podería ter achegado a estes viños a un perfil máis complexo, aromático e salino.
Máis información:
A Feira do Viño de Monterrei serviu de escenario para a presentación na comarca de Verín da «Guía do Patrimonio Vitícola de Monterrei», con preto de trescentas fichas que inventarían lagares, adegas e utensilios relacionados coa produción de viño dende hai 2000 anos na comarca desta Denominación de Orixe.
A tenda do Museo do Viño de Galicia conta cun novo libro á venda. Trátase de “O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras”, escrito por Josué Fernández Guerra.
A obra concíbese como un itinerario polo patrimonio dalgunhas adegas da denominación de orixe de Valdeorras, e que conforma a terceira parada dunha ruta que comezou co volume adicado ás adegas do Ribeiro e que continuou coas de Monterrei. A colección de publicacións do Museo do Viño de Galicia suma, con esta viaxe por Valdeorras, un grao máis na difusión do rico patrimonio vitivinícola galego.
A tarde do 18 de xullo recibimos a visita dun dos Trens Turísticos de Galicia, unha proposta de renfe para fomentar a oferta turística da rexión. Dentro da súa oferta, un dos itinerarios foi a "𝙍𝙪𝙩𝙖 O 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, viaxe na que combinaron dous territorios con Denominación de Orixe, e que ten como eixo o río Miño.
Queda inaugurada a VI edición das Catas Sonoras do Museo do Viño de Galicia.
Raposa, a banda pontevedresa encargada de porlle música ao evento, transitou entre os distintos xéneros que que se mesturan na súa discografía. Do jazz ás músicas do mundo, da música clásica ao pop e pasando pola canción protesta, a súa proposta musical fascinou e animou o serán do público que se achegou á terraza do Museo do Viño.
O venres 26 de xuño o Museo do viño de Galicia acolleu a presentación do libro "O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras", unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.
A Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR) Carballiño-Ribeiro entregou o pasado mércores no Museo do Viño de Galicia os premios do I Concurso de Fotografía “Patrimonio e Enogastronomía do PSTD Carballiño-Ribeiro”, unha iniciativa que naceu co obxectivo de promover e difundir os recursos culturais, naturais, etnográficos e gastronómicos deste territorio a través da creación fotográfica. O Museo do Viño de Galicia alberga dende hoxe a exposición temporal nos soportais do edificio cunha selección das mellores fotografías recibidas. A mostra reúne as obras de once autores diferentes, incluídas as tres imaxes premiadas.