A Unión Española de Catadores (UEC) presenta a “Guía dos 100 Mellores Viños de España”, coincidindo co 40º aniversario dos Premios Baco.

12 de Setembro do 2026
A Unión Española de Catadores (UEC) presenta a “Guía dos 100 Mellores Viños de España” da colleita de 2025, coincidindo co 40º aniversario dos Premios Baco.

Esta guía reúne os 100 viños mellor valorados nos “Premios Baco Colleita 2025” procedentes das principais rexións vitivinícolas españolas, ofrecendo unha visión representativa da calidade e diversidade do viño novo español.

O xurado, formado por cincuenta membros da Unión Española de Catadores, os cales contan cunha ampla experiencia no eido vitivinícola, foron os encargados de evaluar nunha cata totalmente a cegas as case catrocentas referencias participantes nesta edición. O xurado encargouse de precisar o perfil aromático, a frescura, o equilibrio e a intensidade.

As distincións concédense segundo os seguintes tramos: Gran Baco de Ouro, de 92 a 100 puntos; Baco de Ouro, de 89 a 91,9 puntos; e Baco de Plata, de 87 a 88,9 puntos.

Cada un dos viños premiados son presentados na guía mediante unha ficha que desglosa toda a información dunha forma clara, aportando detalles como a orixe e a D.O. á que pertence, o seu proceso de elaboración, as variedades elexidas, o nome comercial, o grao alcólico e o prezo de venta.

Entre os gañadores podemos atopar varios viños galegos recoñecidos coa máxima distinción do concurso, o Gran Baco de Ouro, os cales recollemos nas imaxes adxuntas.