Esta guía reúne os 100 viños mellor valorados nos “Premios Baco Colleita 2025” procedentes das principais rexións vitivinícolas españolas, ofrecendo unha visión representativa da calidade e diversidade do viño novo español.
O xurado, formado por cincuenta membros da Unión Española de Catadores, os cales contan cunha ampla experiencia no eido vitivinícola, foron os encargados de evaluar nunha cata totalmente a cegas as case catrocentas referencias participantes nesta edición. O xurado encargouse de precisar o perfil aromático, a frescura, o equilibrio e a intensidade.
As distincións concédense segundo os seguintes tramos: Gran Baco de Ouro, de 92 a 100 puntos; Baco de Ouro, de 89 a 91,9 puntos; e Baco de Plata, de 87 a 88,9 puntos.
Cada un dos viños premiados son presentados na guía mediante unha ficha que desglosa toda a información dunha forma clara, aportando detalles como a orixe e a D.O. á que pertence, o seu proceso de elaboración, as variedades elexidas, o nome comercial, o grao alcólico e o prezo de venta.
Entre os gañadores podemos atopar varios viños galegos recoñecidos coa máxima distinción do concurso, o Gran Baco de Ouro, os cales recollemos nas imaxes adxuntas.