O Museo do Viño e a Denominación de Orixe Monterrei presentaron a súa guía do patrimonio vitícola.

22 de Agosto do 2026
O Museo do Viño e a Denominación de Orixe Monterrei presentaron a súa guía do patrimonio vitícola.

A Feira do Viño de Monterrei serviu de escenario para a presentación na comarca de Verín da «Guía do Patrimonio Vitícola de Monterrei», con preto de trescentas fichas que inventarían lagares, adegas e utensilios relacionados coa produción de viño dende hai 2000 anos na comarca desta Denominación de Orixe.

A obra foi realizada por Bruno Rúa, e editada polo Museo do Viño de Galicia, dentro da serie coa que está catalogando todos os territorios produtores galegos. A presentación realizouse durante o showcooking musical con produtos de Experiencias de Calidade “Alquimia Atlántica na cociña de Monterrei 2026”, con Begoña Vázquez, e acompañaron ao autor Miguel López, director técnico da D.O. e Luis Congil, xornalista especializado.

A Feira do Viño de Monterrei celebrouse durante a fin de semana do 7, 8 e 9 de agosto con gran éxito de público. Durante o evento, a Denominación de Orixe nomeou a novos confrades, entre os que destaca o recoñecido adegueiro local José Luis Mateo.