V Xornadas Falemos do Futuro da Vitivinicultura Galega

21 de Novembro do 2026
1

Susie Barrie e Peter Richards, Master of Wine e condutores do famoso programa "Wine Blast", impartiron onte unha lección maxistral, dentro da V Xornada Falemos do Futuro da Vitivinicultura de Galicia, sobre a percepción dos nosos produtos desde o mercado anglosaxón e as súas oportunidades de futuro.
Ademais de loubar as perspectivas dos viños galegos, que contan con "historia, variedades, territorio e paisaxe, que son os únicos elementos que fan medrar aos mercados en expansión", coincidiron na importancia da creación dunha "marca Galicia" que dera a coñecer no exterior ao conxunto dos nosos viños. Tamén reivindicaron a necesidade de maior empatía cos consumidores europeos e maiores esforzos de difusión.
Miguel Crunia, de Atlantic Sommellier, incidiu pola súa banda na necesidade de esforzarse no traballo técnico, do que realizou unha ampla disección centrada no proceso de promoción, venta, márxes comerciais e taxas.