Novas
O día 11 deste mes recibimos a alumnado da facultade de Turismo da Universidade de Vigo xunto con estudantes internacionais de Polonia e Portugal. No marco do BIP en Wine Tourism Management no que están a participar nestes días, achegáronse ao Museo do Viño de Galicia para coñecer a historia vitivinícola da nosa terra.
A rigoroso escote, con imaxe corporativa propia e coa ilusión cunqueiriana de planificar meticulosamente cada viaxe coa gastronomía e o enoturismo como obxectivo, esta ducia de amigos ourensáns teñen viaxado dende A Toscana ata Monterrei, de Toro ata o Bierzo, para coñecer en profundidade o viño e a cociña de cada rexión, dende moito antes que a palabra "maridaxe" estivese na diana dos influencers coma un mantra.
Lagares rupestres, primeiros rexistros do viño en practicamente todas as comarcas produtoras de Galicia, etimoloxías enolóxicas que teñen perdurado ata os nosos días... Todos estos detalles da cultura do viño en Galicia desfilan polo profundo estudio "Viño e viticultura na Galicia medieval", do profesor medievalista da Uvigo Francisco Javier Pérez Rodriguez. Onte foi primicia no Museo do Viño de Galicia, como colofón da semana de celebración do Día dos Museos e do das Letras Galegas.
O Museo do Viño de Galicia conmemora o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos cunha actividade dobre.
Presentarase o libro Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV), do historiador e profesor da UVigo Francisco Javier Pérez Rodríguez, e Juanjo Figueroa Treus guiará unha cata acompañada por música.
🗓️ Cando? Venres 22 de Maio, ás 19:00h.
📍 Onde? Museo do Viño de Galicia, Lugar de Camporredondo, s/n, Ribadavia.
🎟️ Entrada libre até cubrir capacidade!
Chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas. Durante as fins de semana dos meses de maio e xuño, e en colaboración coas Rutas do Viño das cinco Denominacións de Orixe galegas, os participantes que se sumen a esta iniciativa poderán gozar dun amplo programa de actividades enoturísticas.
Entre as experiencias estarán incluidas visitas a adegas e viñedos, catas guiadas e degustacións, rutas en barco e de sendeirismo, descontos en aloxamentos, autobuses do viño e visitas a museos.
Con motivo da anual celebración da Feira do Viño do Ribeiro, o RibeiroBus voultou a percorrer as nosas estradas e paisaxes.
Novo obradoiro para familias
O Museo do viño de Galicia ten a disposición das familias un novo obradoiro que consistirá na búsqueda do tesouro do Irmán Santiago.
Estará dispoñible os xoves ás 12:00h e venres, sábado e domingo ás 12:00 e ás 18:00h
As reservas poderán facerse contactando co número de teléfono 988 783 075 ou enviando un correo a informacion-museodovino.cultura@xunta.gal
Para conmemorar o Día da Muller, o concello de Ribadavia organizou unha xornada do máis especial que serviu para darlle voz, presenza e coñecer a traxectoria profesional e persoal de mulleres que traballan o viñedo e con gran agarimo elaboran o seu viño.
Desta maneira, agradecemos especialmente ás enólogas que participaron neste relatorio: Cristina Álvarez Olleros, de Pazo do Mar; Alexia Luca, de Alma Carrovejas; Iria Otero, de Vinos con Memoria e a Gianini Upegui.
O pasado domingo 25 de xaneiro visitaron o Museo do Viño de Galicia os gañadores da Iª Liga de Cata a Cegas por equipos, unha iniciativa organizada pola Asociación Galega de Sumilleres (AGASU). Tralo concurso, os gañadores terán por diante o goce dunha experiencia enoturística en cada unha das cinco Denominacións de Orixe galegas.
Chegan os primeiros viños sen alcol ao Ribeiro. A Cooperativa vitivinícola de O Ribeiro, Viña Costeira, lanza o seu primeiro viño branco sen alcol para adaptarse as novas tendencias de consumo. Nace así “Costeira” branco, elaborado a partir dunha mestura de variedades brancas cultivadas tradicionalmente, para gozar en calquera momento.