Lagares rupestres, primeiros rexistros do viño en practicamente todas as comarcas produtoras de Galicia, etimoloxías enolóxicas que teñen perdurado ata os nosos días... Todos estos detalles da cultura do viño en Galicia desfilan polo profundo estudio "Viño e viticultura na Galicia medieval", do profesor medievalista da Uvigo Francisco Javier Pérez Rodriguez. Onte foi primicia no Museo do Viño de Galicia, como colofón da semana de celebración do Día dos Museos e do das Letras Galegas.
Na presentación, a directora do Museo, Pilar Ñúñez, e o xornalista e divulgador Luis Congil, definiron esta peza editorial como "fundacional" para o estudo histórico da cultura do viño en Galicia, e lembraron como esta obra culmina, nos primeiros sete anos de vida do museo, o impuso investigador e editorial da institución, xa que, como explicou o propio autor, as xornadas "Do viño de Galicia 2019", a primeira iniciativa académica que organizou a institución, foron o xermolo do libro.
O profesor Pérez agradeceu a publicación, e destacou o enorme labor de documentación da obra, así como a ubicuidade de datos de todos os territorios produtores de Galicia, con especial incidencia nas Rías Baixas, unha das zonas que xa estudara na súa obra anterior.
Con posterioridade á presentación, o sumiller Juanjo Figueroa realizou un percorrido polas zonas vitícolas de Galicia, acompañando a cada cata cunha canción alusiva. O acto encheou completamente a sala de usos múltiples do Museo do Viño de Galicia.
SERÁN CULTURAL DE LUXO NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA PARA CULMINAR A SEMANA DOS MUSEOS
23 de Maio do 2026