Trens turísticos de Galicia

18 de Xullo do 2026
1

A tarde do 18 de xullo recibimos a visita dun dos Trens Turísticos de Galicia, unha proposta de renfe para fomentar a oferta turística da rexión. Dentro da súa oferta, un dos itinerarios foi a "𝙍𝙪𝙩𝙖 O 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, viaxe na que combinaron dous territorios con Denominación de Orixe, e que ten como eixo o río Miño. Durante todo o día 52, pasaxeiros puideron, ademáis de gozar dunhas vistas privilexiadas, visitar varias localizacións como o Señorío de Rubiós, Ribadavia, o castro de San Cibrao de Las, o museo do traxe rexional e o museo do automovilismo. Por suposto, o Museo do Viño de Galicia foi unha delas. 

 

 Agradecemos a inclusión do noso Museo no itinerario e esperamos que se siga repetindo moitos anos máis.