O venres 26 de xuño o Museo do viño de Galicia acolleu a presentación do libro "O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras", unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.
O patrimonio vitícola é un dos nosos bens máis prezados. Máis alá da evidente calidade gastronómica dos viños galegos, constitúe un elemento cultural que forma parte da nosa identidade e que define o noso ADN como pobo. A través desta obra, achegarémonos ás adegas, aos camiños, ás paisaxes e ás persoas que manteñen viva a tradición vitivinícola de Valdeorras.
A xornada completarase cunha cata comentada por Daniel Marín (Xadigal), unha experiencia que nos permitirá descubrir os viños da comarca a través de tres microhistorias que revelan a esencia do territorio e dos seus viticultores.
O libro poderá mercarse no museo dende hoxe mesmo e o seu prezo é de 19 euros.