Arranca en Galicia unha nova edición da Primavera de Portas Abertas.

9 de Maio do 2026
Primavera de Portas Abertas, 2026

Chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas. Durante as fins de semana dos meses de maio e xuño, e en colaboración coas Rutas do Viño das cinco Denominacións de Orixe galegas, os participantes que se sumen a esta iniciativa poderán gozar dun amplo programa de actividades enoturísticas.

Entre as experiencias estarán incluidas visitas a adegas e viñedos, catas guiadas e degustacións, rutas en barco e de sendeirismo, descontos en aloxamentos, autobuses do viño e visitas a museos.

  • RUTA DO VIÑO MONTERREI: do 8 ao 10 de maio.
  • RUTA DO VIÑO VALDEORRAS: do 15 ao 17 de maio.
  • RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS: do 22 ao 24 de maio.
  • RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA: do 29 ao 31 de maio.
  • RUTA DO VIÑO RIBEIRO: do 5 ao 7 de xuño.

Poderás atopar máis información na páxina web de www.turismo.gal