Visita do programa Reencontros da Xunta de Galicia

19 de Outubro do 2024
1

O pasado domingo día 13 visitáronnos dous grupos moi especiais. Un total de 100 persoas actualmente residentes de Venezuela, Arxentina e Brasil, pero todos eles galegos, que están a visitar a nosa comunidade grazas ao programa Reencontros da Xunta de Galicia. 

Moitísimas grazas polo voso interese en Galicia, nas vosas raíces, as nosas costumes e a nosa cultura, é un pracer para nós acoller a emigrantes tan emocionados por visitar a que foi a súa casa.

Esperamos que nos visitedes de novo moi pronto!