Xornadas "Falamos do futuro da vitivinicultura en Galicia"

27 de Outubro do 2024
1

Sumilleres, expertos e técnicos de outros importantes territorios vitícolas, coma o Bierzo ou o Douro portugués, instaron onte no Museo do Viño de Galicia a que a nosa rexión impulse sistemas de clasificación complementarios que destaquen a calidade e a orixe e así poida, en palabras de Miguel Crunia, un dos mellores sumilleres do Reino Unido, "encher o oco que está deixar Borgoña" como rexión que só se concentraba ata o de agora nos valores do "terroir" e dunha coidada imaxe de calidade e de orixe.

No marco das xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura de Galicia", o Museo acolleu as visións de expertos como Carmen González, directora técnica da D.O. Bierzo, que explicou como en pouco máis dunha década este territorio multiplicou exponencialmente as súas vendas só grazas á calificación por orixe das súas viñas, que poden ser de vila, lugar, paraxe ou finca. Pola súa banda, Xoán Cannas e Paula Fraga instaron a que "Galicia non perda o tren" de complementar o seu actual sistema de protección das zonas produtoras cun novo modelo que destaque máis a nivel mundial, e o Premio Nacional de Viticultura de Portugal, Alvaro Martinho Lopes amosou a experiencia nas rexións do Douro, sempre baixo a premisa de producir menos pero producir mellor, e con maior extensión no tempo das explotacións vitícolas.