O Museo do Viño celebra as letras e o viño nunha tarde moi especial.

13 de Decembro do 2025
As letras e o viño

O sábado 13 de novembro o Museo do Viño de Galicia acolleu un evento no que se mesturou cultura e enoloxía. A actividade comezou coa presentación do libro "O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei", da man do seu autor, Bruno Rúa Martínez. Este volume súmase aos inventarios patrimoniais que está a impulsar o museo por todas as comarcas produtoras de Galicia.

Deseguido, Alberto Varela, da distribuidora Choiva Viños, presentou unha maridaxe de viños e literatura galega, lembrando as referencias do mundo do viño en obras de destacados autores como Castelao, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María ao tempo que se gozou dunha cata dalgúns dos máis estimulantes viños das Denominacións de Orixe galegas.