Da cepa á bodega trátase dun serial incluido no podcast "Retrato Sonoro", dirixido por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez, e a través del explórase o mundo do viño en Galicia dende unha perspectiva cultural, social e histórica.
En colaboración co Museo do Viño, este episodio foi gravado non lugar tan emblemático como só o pode ser a antiga reitoral de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia, e nel podemos atopar información relativa a arquivos históricos ou referencias literarias que nos axudan a entender a profunda pegada do viño na identidade galega. Tamén incide nos achádegos históricos en arquivos como Simancas, onde o viño galego aparece vencellado a Cristóbal Colón; unha viaxe polas letras galegas da man de Álvaro Cunqueiro, gran divulgador da cultura do viño; ou o legado que nos deixou o Lagar de Astariz, en Castrelo de Miño, unha gran referencia na tradición vitivinícola galega.
Á súa vez, para complementar esta información con máis detalles ben documentados soamente é necesario acudir á “A marabillosa historia do viño en Galicia”, unha obra imprescindible escrita por Luis Congil e publicada polo Consorcio Editorial Galego.
O primeiro episodio está dispoñible nas seguintes plataformas:
https://podcasts.apple.com/.../da-cepa-%C3.../id994274365...