O podcast "Retrato Sonoro" repasa a historia do viño en Galicia a través de tres episodios.

13 de July do 2025
Retrato Sonoro

Da cepa á bodega trátase dun serial incluido no podcast "Retrato Sonoro", dirixido por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez, e a través del explórase o mundo do viño en Galicia dende unha perspectiva cultural, social e histórica.

En colaboración co Museo do Viño, este episodio foi gravado non lugar tan emblemático como só o pode ser a antiga reitoral de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia, e nel podemos atopar información relativa a arquivos históricos ou referencias literarias que nos axudan a entender a profunda pegada do viño na identidade galega. Tamén incide nos achádegos históricos en arquivos como Simancas, onde o viño galego aparece vencellado a Cristóbal Colón; unha viaxe polas letras galegas da man de Álvaro Cunqueiro, gran divulgador da cultura do viño; ou o legado que nos deixou o Lagar de Astariz, en Castrelo de Miño, unha gran referencia na tradición vitivinícola galega.

Á súa vez, para complementar esta información con máis detalles ben documentados soamente é necesario acudir á “A marabillosa historia do viño en Galicia”, unha obra imprescindible escrita por Luis Congil e publicada polo Consorcio Editorial Galego.

 

O primeiro episodio está dispoñible nas seguintes plataformas:

https://podcasts.apple.com/.../da-cepa-%C3.../id994274365...

https://open.spotify.com/episode/4LF2NslI3SfAEBgH2a73q1...

https://go.ivoox.com/rf/142969814