O Museo do Viño conmemora o Día da Muller cunha cata de viños guiada.

8 de Marzo do 2026
Cata de viños, 8M

Para conmemorar o Día da Muller, o concello de Ribadavia organizou unha xornada do máis especial que serviu para darlle voz, presenza e coñecer a traxectoria profesional e persoal de mulleres que traballan o viñedo e con gran agarimo elaboran o seu viño.

Desta maneira, agradecemos especialmente ás enólogas que participaron neste relatorio: Cristina Álvarez Olleros, de Pazo do Mar; Alexia Luca, de Alma Carrovejas; Iria Otero, de Vinos con Memoria e a Gianini Upegui.