
O pasado 30 de setembro o Museo do Viño de Galicia, no marco dos Foros La Región, organizou o debate a catro bandas coa presentación dos últimos estudos de Rafael Ocete, ampeleógrafo da Universidade de Sevilla, Andrés Teira, arqueólogo da Universidade de Vigo, Pepa Rey, profesora de Prehistoria da USC, e Carmen Rodríguez, investigadora científica da Misión Biolóxica do CSIC en Galicia.
Nesta mesa presentáronse as evidencias científicas dende a evolución das vides silvestres ás domesticadas, o estudo xenético das variedades galegas ou as evidencias de consumo do caldo que nos revela a cerámica achada en incursións arqueolóxicas para continuar poñendo luz e concretando a data da chegada da vide a Galicia. Para escoitalo todo e aprender destes eruditos convidámosvos a clicar na ligazón e escoitalos con atención.