“A vide xa estaba en Galicia antes dos romanos”

1 de October do 2021
Foro La Región

O pasado 30 de setembro o Museo do Viño de Galicia, no marco dos Foros La Región, organizou o debate a catro bandas coa presentación dos últimos estudos de Rafael Ocete, ampeleógrafo da Universidade de Sevilla,  Andrés Teira, arqueólogo da Universidade de Vigo, Pepa Rey, profesora de Prehistoria da USC, e Carmen Rodríguez, investigadora científica da Misión Biolóxica do CSIC en Galicia. 

Nesta mesa presentáronse as evidencias científicas dende a evolución das vides silvestres ás domesticadas, o estudo xenético das variedades galegas ou as evidencias de consumo do caldo que nos revela a cerámica achada en incursións arqueolóxicas para continuar poñendo luz e concretando a data da chegada da vide a Galicia. Para escoitalo todo e aprender destes eruditos convidámosvos a clicar na ligazón e escoitalos con atención.

 

https://www.youtube.com/watch?v=xgCgVTu0y9E&t=2617s