Visita dos enólogos participantes en VinEspaña.

29 de Abril do 2022
Certame nacional de VinEspaña.

A tarde do 28 de abril o Museo do Viño de Galicia reuniu nunha xornada especial aos enólogos da Federación Española de Enología (FEAE) co motivo da celebración do IV Concurso Nacional de Viños “VinEspaña”, unha edición do máis especial xa que por primeira vez o certame foi celebrado en Galicia durante as xornadas do 28, 29 e 30 de abril. A FEAE destaca entre os seus obxectivos a consolidación e o estímulo para a elaboración de viños notorios e de especial calidade e o fomento e a valoración vitivinícola en termos históricos e culturais.

O evento contou con figuras destacadas como Luis Buitrón, presidente da propia FEAE;  don César Llana, o director do Museo do Viño de Galicia, quen foi o encargado de acoller e recibir ao grupo de enólogos; e o periodista Luis Congil, que profundizou e deu a coñecer a historia do viño en territorio galego. A conferencia continuou cunha visita guiada polas instalacións do Museo do Viño e rematou cunha cata de viños.