As grandes visitas que recibimos durante o mes de febreiro.

1 de Marzo do 2024
1

Febreiro remata coroándose como un dos mellores meses no tocante á afluencia de público e á ampla organización de visitas guiadas. A todas e cada unha das persoas visitantes adicamos un fondo agradecemento pola oportunidade de incluir ao Museo do Viño de Galicia dentro das súas rutas pola provincia de Ourense!

Entre os grupos recibidos nas últimas semanas destacamos ao alumnado da materia de Historia de Galicia, englobada dentro do Programa de Maiores da Universidade de Vigo; ao Imserso, que voltou novamente debido á grata experiencia durante o pasado ano, que reuniu a usuarios procedentes de Alicante; e finalmente a axencias como Viajes Santi, OffiTravel e Viaxes Alumar, as cales xa contan coa nosa especial confianza.