Visita dos influencers para a promoción da primavera de portas abertas

14 de Abril do 2024
1

Na tarde de onte visitaron o Museo do Viño de Galicia un grupo de influencers que están a promocionar a primavera de portas abertas de O Ribeiro que se celebrará do 17 ao 19 de maio.
Non perdades a oportunidade de anotarvos para desfrutar duns días diferentes, con moitas actividades, bos viños e sobre todo, unha visita guiada no noso museo.

Queremos darlle as grazas pola súa amabilidade a @petiscosgalegos , @escapalandia , @enxebreworld , a Pilar, técnico de @turismogalicia_ e a Rosa Dorado, guía acompañante. Foi un auténtico pracer!
Recomendámosvos que esteades pendentes das súas súas redes sociais para non perder ningún plan.