Curso de especialización en viños de Galicia por Galicia Wine Academy

28 de Xaneiro do 2024
Curso especialización en vino

Este fin de semana levouse a cabo no Museo do Viño de Galicia o “Curso de Especialización en Viños” impartido por Jorge Vila, fundador do Instituto Galego do Viño e da Galicia Wine Academy. O curso impartiuse o venres 26 de xaneiro pola tarde e o sábado 27 de xaneiro pola mañá, cun duración de 9 horas nas que se fixo un percorrido polas variedades de uva, os climas e os solos da nosa rexión. O curso contou con dúas partes: na primeira fixose a introdución e falouse da historia do viño e das D.O. Rías Baixas e Ribeiro e na segunda parte falouse das Denominacións de orixe Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei e tamén das 5 IXP de Galicia. Esta formación veu acompañada pola cata de 20 viños das distintas D.O. de Galicia que axudaron ós alumnos a entender mellor a información que se lles impartiu. 

Dende o Museo do Viño de Galicia agradecemos a Galicia Wine Academy pola confianza e desexamos que en vindeiras ocasións conten con nós para realizar máis cursos.