Día Internacional dos Museos 2024

18 de Maio do 2024
Museo

Hoxe é o Día Internacional dos Museos! Hoxe é o noso día!



Este ano o lema que propón o ICOM é “Museos por la educación y la investigación”, pois como ben sinalan temos un papel fundamental á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística fomentando a curiosidade, creatividade e pensamento crítico dos máis pequenos. Para elo, propoñen como obxectivo garantizar unha educación de calidade inclusiva, equiparativa e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos e todas.



Dende o Museo do Viño de Galicia estaríamos encantadas de recibir ós colexios da Comunidade Autónoma para ensinarlles e, sobre todo, poñer en valor a cultura do viño en Galicia, a súa repercusión e, por suposto, a súa continuidade no tempo.