Un documento imprescindible: excelente oportunidade para desfrutar da conferencia histórica de Xoan Cannas no Museo do Viño de Galicia. Se non tiveches ocasión de asistir ás primeiras xornadas "Falemos do futuro do viño de Galicia", o pasado 27 de abril, podes agora asistir virtualmente ás reflexións do presidente do Ingavi, Instituto do Viño de Galicia, sobre o (excelente) futuro que nos agarda no panorama enolóxico mundial, según el, de ter en conta unha serie de moficacións que debería acometer o sector galego nos próximos anos.
No seguinte enlace poderás compartir as reflexións completas de Cannas, como a de zonificar as denominacións de orixe galegas en base a un criterio xeográfio que sustitúa ao actual. Considera que nove zonas, definidas en canto ao seu carácter "atlántico", "interior" ou "oriental", virían a sustuir ás cinco DO e cinco IXP, graduadas tamén en tanto á súa latitude "norte", "centro" ou "sur".
Cannas propuxo este novo mapa de figuras de protección á vez que unha nova clasificación de calidade, que inclúa desde un "Gran viñedo de Galicia", apenas un 1% de prestigio, ata un "vino de Galicia" xenérico no outro extremo, pasando por unha zonificación que permitira o "vino de vila" que está a conceder tantos beneficios nunha DO dinámica coma é Bierzo.
O director de INGAVI avogou por "construír unha marca en Galicia, de calidade e prestixio" para poder poñer en marcha realmente unha industria de 26.000 hectáreas de viñedo, que comparou coa Borgoña por extensión, pero que está falta de desenvolver as súas posibilidades. "En Borgoña, a zonificación converteu o minifundismo nunha virtude, con máis de 200 denominacións de orixe, pero cun altísimo nivel de calidade".