Exposición temporal I Feira do Viño do Ribeiro (do 2 ao 10 de maio)

4 de Maio do 2024
Exposición

O Museo do Viño expuxo, dende o 2 ata o 10 de maio, algúns dos materiais publicitarios da I Edición da Feira-Exposición de exaltación do viño do Ribeiro. Fotografías a cor, bandeirolas e un cartel orixinal foron os protagonistas. O interese radica, a pesar da distancia no tempo, na proximidade cultural entre a primeira e a última edición, tal e como exemplifica o redeseño do cartel orixinal do 1964 para a 60ª celebración da Feira