Romeu

Biografía

O Romeu, buque mixto de pasaxe e carga, fué entregado á Compañía Trasmediterránea no ano 1918; no ano 1971 pasa á propiedade do goberno da República de Guinea Ecuatorial e pasa a chamarse Enrique Nvo. A mediados da década dos anos vinte transportou tropa dende distintos portos da Península á zona do Protectorado de Marrocos.

Capitán Segarra

Biografía

O Capitán Segarra, buque mixto de pasaxe e carga, fué entregado á Compañía Trasmediterránea no ano 1918, permanecendo en servizo ata o seu despezamento en 1970. Na primeira metade da década dos anos vinte participou en moitas operacións de transporte de tropas aos portos do norte de África.

Guillem Sorolla

Biografía

O Guillem Sorolla, buque mixto de pasaxe e carga, fué entregado á Compañía Trasmediterránea no ano 1919, permanecendo en servizo ata o 28 de outubro de 1922 en que naufrafó á altura da illa Ouessant-Eusa na costa francesa de Bretaña.

SS Europa

Biografía

O «SS Europa» foi un dos máis modernos trasatlánticos do período de entreguerras. Navegou baixo bandeira alemá para a compañía Norddeutscher Lloyd (NDL) dende 1930 ata 1939, ano en que foi requisado pola Kriegsmarine. Tras pemanecer case inactivo durante a Segunda Guerra Mundial, foi requisado polo bando aliado, usándose para o retorno das tropas estadounidenses co nome de «USS Europa». En 1946 foi transferido a Francia como reparación de guerra. Rebautizado como «SS Liberté», serviu como buque de pasaxeiros ata o seu despezamento en 1962.

José Calvo Sotelo

Data de nacemento
06/05/1893
Lugar de nacemento
Tui (l)
Data de defunción
13/07/1936
Lugar de defunción

Madrid (m)
Biografía

Funcionario de carreira do Corpo de Avogados do Estado (1916), secretario da sección de Ciencias Morais e Políticas (1915) e profesor na Universidade. de Madrid (1917). Deputado a Cortes na filas Mauristas polo distrito do Carballiño (1919); gobernador civil de Valencia (1921); na Ditadura de Primo de Rivera foi director xeral de Administración Local e ministro de Facenda (3-XII-1925 - 21-I-1930), cargo este dende o que impulsou a creación do Monopolio de Petróleos e do Banco Exterior de España. Na II República, tras terse exiliado de marzo de 1931 a maio de 1934, obtén a acta de Deputado nas eleccións dos anos 1933 e 1936 pola circunscrición do Carballiño nas filas do partido por el liderado: Renovación Española. Morreu asasinado en Madrid o 17 de xullo de 1936.

Julio Iglesias

Data de nacemento
23/09/1943
Lugar de nacemento
Madrid
Biografía

Julio José Iglesias de la Cueva

Dova

Data de nacemento
31/12/1943
Lugar de nacemento
Valencia (comarca)
Biografía

Paquita Dolz González, Tavernes de la Valldigna (Valencia, 1943);o seu nome artístico, DOVA, vén das primeiras sílabas do seu primeiro apelido Dolz e do seu marido Valleri. Na actualidade está retirada do panorama artístico, aínda que, segue facendo galas para a súa cidade e acontecementos especiais.