Madrid (m)
Funcionario de carreira do Corpo de Avogados do Estado (1916), secretario da sección de Ciencias Morais e Políticas (1915) e profesor na Universidade. de Madrid (1917). Deputado a Cortes na filas Mauristas polo distrito do Carballiño (1919); gobernador civil de Valencia (1921); na Ditadura de Primo de Rivera foi director xeral de Administración Local e ministro de Facenda (3-XII-1925 - 21-I-1930), cargo este dende o que impulsou a creación do Monopolio de Petróleos e do Banco Exterior de España. Na II República, tras terse exiliado de marzo de 1931 a maio de 1934, obtén a acta de Deputado nas eleccións dos anos 1933 e 1936 pola circunscrición do Carballiño nas filas do partido por el liderado: Renovación Española. Morreu asasinado en Madrid o 17 de xullo de 1936.