Caixa Rexional Galega de Previsión Social

Data de nacemento
1921
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Biografía

A Caixa Rexional Galega de Previsión Social, con sede en Santiago de Compostela, constituíuse o año1921, con seis empregados -un director, un contable, un oficial, dous auxiliares e un conserxe; nacida como entidade de beneficencia particular, por R.O de 13 de xuño de 1922 pasó a realizar todo tipo de operacións de aforro e previsión.

Edificio Rubira

Biografía

Francisco Rubira Fariña (Negreira, 1896), farmacéutico instalado en Vigo dende 1946, que acaba situando a súa farmacia nos baixos do edificio ao que acabará por dar nome. O proxecto foi encargo de Salvador de la Fuente Pita Pastor en 1880 ao arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, se ben o promotor definitivo será Lucas de la Riva, iniciándose as obras en 1901. Na década dos sesenta do século XX é adquirido por unha entidade bancaria que o desmontou en 1967. En defensa desta construción, só se alzou a voz de Benedicto Conde «Bene», a través dun artigo publicado no Faro de Vigo en 1965.

Niceto Alcalá-Zamora y Torres

Data de nacemento
1877
Lugar de nacemento
Córdoba
Data de defunción
1949
Lugar de defunción

Buenos Aires
Biografía

Durante a Restauración foi ministro de Fomento (1917-1918) e da Guerra (1922-1923) en senllos gobernos de García Prieto. En desacordo con Primo de Rivera, será un dos impulsores do Pacto de San Sebastián. Detido, tras a Sublevación de Jaca, en tanto que membro do comité revolucionario, sairá tras as eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que deron lugar á proclamación da II República Española o 14 de abril de 1931, pasando a presidir o Goberno Provisional; cargo no que sería confirmado tras a celebración de eleccións en xuño, para dimitir en outubro dese ano en desconformidade coa redacción dos artigos 24 e 26 da Constitución da República. Ocupou a Presidencia da II República entre o 10 de decembro de e o 7 de abril de 1936 en que fué deposto polo Congreso. O seu cadáver foi repatriado a España en 1979.

Antonio García García

Biografía

Antonio García García foi bispo de Tui do 16 de xullo de 1930 ata o 14 de febreiro de 1938 no que foi nomeado arcebispo de Valladolid; foi administrador apostólico do Bispado de Tui dende o 14 de febreiro de 1938 ata o 15 de outubro de 1944.
Por Bula Quemadmodum impiger de S.S. Xoán XXIII, de data 9.Mar.1959, únese á Diocese de Tui e ao seu Bispo o título e denominación de VIGO; elévase a rango de Concatedral o templo de Santa María de Vigo; e facúltase ao Bispo para que poida residir e ao Cabido Catedral para que poida celebrar os oficios na Cidade de Vigo.

Fogar e Clínica San Rafael

Biografía

Fogar e Clínica San Rafel, da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus. As obras se iniciaron en 1.935 co obxectivo de dispor dun Fogar e Clínica que dese cobertura ás necesidades dos nenos afectados de secuelas da poliomielite e malformacións físicas derivadas doutras enfermidades. A inauguración tiuvo lugar o 29 de agosto de 1943, se ben o remate das obras non tivo lugar ata o ano 1947. Dende os anos sesenta do século pasado, este centro adícase á Educación Especial e atención de persoas con minusvalidez intelectual nas áreas educativa, ocupacional e residencial.

M.A.R.

Biografía

Motopesqueros de Altura Reunidos, S.A.
MAR foi unha inmensa cooperativa de armadores vigueses que estableceron un gran complexo industrial no porto do Berbés, entre os anos corenta e os cincuenta do SXX. Coa súa fundación no 1940 os conserveiros Pedro e Javier Sensat Curbera, Massó e Alfagueme, entre outros, pretendían abarcar o ciclo completo da pesca.
Na factoría realizábanse todas as tarefas relacionadas co tratamento do peixe para a súa venda, incluíndo a fabricación de fariña; mentras que na fábrica de Cordelerías MAR se elaboraban os fíos sintéticos de polietileno, as redes, ademais dos cables de aceiro e outros aparellos. MAR abastecíase dunha gran flota propia asociada que chegou a sumar mais dun cento de pesqueiros. Nos anos 90 do SXX a casa MAR desapareceu do mundo empresarial. O seu edificio, que simbolizaba unha época foi derrubado.