Ernesto Schreck Muro. Ourense

Data de defunción
03/01/2012
Lugar de defunción

Ourense (m)
Biografía

É fillo de Ernesto Schreck Schültz, e se incorpora ao estudio fotográfico o ano 1951.

ADEMAR

Data de nacemento
09/09/1956
Lugar de nacemento
Ribadavia (l)
Biografía

Asociación de Ex-Alumnos Maristas Ribadavienses. Constituiuse o 9 de setembro de 1956; intengraron a súa primeira directiva: Emilio Gómez Vázquez -presidente-, Lulio Lira -vicepresidente-, Manuel Loeda -secretario- e Francisco Almíña -tesoureiro-.

Ediciones Arribas. Zaragoza

Data de nacemento
1905
Biografía

Edicións Arribas foi creada o ano 1905, por Manuel Arribas Andrés, na rúa Torre Nueva, en Zaragoza. A empresa contaba cunha reducida plantilla, adicada ás postais en branco e negro, e contrataba persoal externo para facer as fotografías e o positivado das mesmas. Ao findador sucedéronlle no negocio o seu fillo Mariano Arribas Fuentes e, finalmente, o seu neto José Luis Arribas Callizo. O concello de Zaragoza mercou o Arquivo Arribas no ano 1993.

Lucien Roisin Besnard. Barcelona

Data de nacemento
1876
Lugar de nacemento
Paris
Data de defunción
1943
Lugar de defunción

Barcelona (m)
Biografía

Fotógrafo francés establecido en España en 1897, traballando inicialmente como fotógrafo para o impresor Beltrán acabou editando postais; instalou o seu estudio «La Casa de la Postal» na Rambla de Santa Mònica en Barcelona. Tralo seu pasamento, a súa familia mantivo o negocio ata o ano 1962.
Para outros a súa chegada a España é posterior a I Guerra Mundial, ca. 1918.

E.J.G. Paris-Irún

Biografía

Impresor-editor, probablemente as súas postais terán sido impresas en Francia.

Fototipia Thomas. Barcelona

Data de nacemento
1850[ca]
Lugar de nacemento
Barcelona (m)
Data de defunción
1910
Lugar de defunción

Barcelona (m)
Biografía

Joseph Thomas i Bigas, fotogravado e impresor, introduxo en España os procedimentos fotomecánicos de reprodución, xuntamente con Juaritzi e Mariezcurrena, na década dos sesenta do século XIX. No ano 1879 fundou un taller de fotograbado e impresión, na rúa Mallorca, nº 291, de Barcelona.