José López Ortiz

Data de nacemento
1898
Lugar de nacemento
Escorial (El)
Data de defunción
1992
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Don Fr. José López Ortiz, da Orde de Santo Agostiño, (San Lorenzo del Escorial, 1898; Madrid, 1992), foi catedrático de Historia do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1934) e na Universidade Central (1942), foi vicepresidente do CSIC, membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e do Instituto de España, etc. Foi bispo de Tui dende o 15 de outubro de 1944 ata o 25 de marzo de 1969; en 1959, pola Bula de Xoán XXIII Quemadmodum impiger, pasa a ser o primer bispo de sede Tui-Vigo. Posteriormente foi Ordinario Xeneral Castrense.

Xosé María Castroviejo y Blanco Cicerón

Data de nacemento
1909
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Data de defunción
1983
Lugar de defunción

Tirán (San Juan)
Biografía

Licenciado en Dereiro e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Escritor -novela, poesía, articulista-, foi director de «El Pueblo Gallego» de Vigo. Álvaro Cunqueiro honrouno co título de «Garda maior do Reino de Galicia e das terras dos Ancares e o Courel».

Colexio Modelo

Biografía

O Colexio Modelo, coñecido como Colexio Ferrín, estaba no número 3 da rúa Reza de Ourense, actualmente corresponde ao número 5.

Granxa do Outeiro

Biografía

A Granxa do Outeiro, en Francelos, hoxe no concello de Ribadavia, foi unha granxa vitivinícola do século XIII, dependente do mosteiro de Santa María de Melón.

Marta Míguez Telle

Biografía

Lanzadora de xavelina. Campioa de España Júnior (1992), Campioa de España Absoluta (1998 a 2002), Recordwoman de España Absoluta (1999, 2000 e 2002) e integrante do Equipo Olímpico Español en Sydney 2000 -primeira muller española que participa en xavelina-. Desde o ano 2002 ostenta o recoñecemento como Deportista de Alto Nivel.