Biografía
Augusto Guedes Bautista comeza a traballar no laboratorio do seu pai o ano 1925, positivando e, ás veces, como retocador. No ano 1926 fai as súas primeiras fotografías; farase cargo do estudio da familia o ano 1947. Foi amigo de Xaquín Lorenzo «Xocas», José Cortés, Jorge Lorenzo e Carlos Velo. Casou con María Esther de Castro o ano 1938.