Biografía
O «SS Europa» foi un dos máis modernos trasatlánticos do período de entreguerras. Navegou baixo bandeira alemá para a compañía Norddeutscher Lloyd (NDL) dende 1930 ata 1939, ano en que foi requisado pola Kriegsmarine. Tras pemanecer case inactivo durante a Segunda Guerra Mundial, foi requisado polo bando aliado, usándose para o retorno das tropas estadounidenses co nome de «USS Europa». En 1946 foi transferido a Francia como reparación de guerra. Rebautizado como «SS Liberté», serviu como buque de pasaxeiros ata o seu despezamento en 1962.