Antonio Rey Soto

Data de nacemento
18/02/1879
Lugar de nacemento
Arrabaldo (Santa Cruz)
Data de defunción
20/02/1966
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario de Ourense. En 1901 ordenouse sacerdote e posteriormente ampliou estudos nas Universidades de Santiago e Madrid. Casou ao seu amigo persoal Castelao con Virxinia Pereira na Igrexa de San Paio na Estrada en 1912. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega. En 1922 fundou en Vigo xunto a Antonio Méndez Laserna e Carlos Reguenga a produtora cinematográfica Celta Films. Posteriormente viaxa a Cuba. Cando inicia a Guerra Civil, a súa casa é saqueada e a súa importante biblioteca corre un gran perigo. Ó final volve a Galicia e quédase en Ourense. En 1956, xa ancián, abandona Ourense e trasladase a Santiago. Posteriormente regresa a Madrid, onde pasa os seus últimos anos.
Ao longo da súa vida, Rey Soto foi formando unha moi valiosa biblioteca que poucos anos antes da súa morte cedeu ao Mosteiro de Poio, onde hoxe se conserva. Entre as obras máis salientables destacan as Constitucións sinodais da diocese de Ourense editadas por Vasco Díaz Tanco en 1544 e un exemplar do Livro do Infante D. Pedro de Portugal, editado en 1644. Ademais, legou ao mosteiro a súa colección de prensa na que se inclúen xornais ourensáns coma El Eco de Orense e El Diario de Orense.
A súa obra está escrita maioritariamente en castelán, sendo o drama Amor que vence al amor o que lle deu máis sona.

Salvador López Requejo

Data de nacemento
1904
Lugar de nacemento
Couzada (A)
Biografía

Marcha de rapaz a Cuba, retorna para facer o Servizo Militar e retorna á Illa caribeña para regresar definitivamente o ano 1928. En Cuba aprende o oficio de fotógrafo e dende o seu regreso a Galicia inicia a súa actividade como fotógrafo ambulante.

Cruz procesional

Biografía

González García, Miguel Ángel (19994-1995): «Sobre la cruz peciosa del Museo de la catedral de Ourense». Porta da Aira: Revista de Historia del Arte Orensano. nº 6, pp.: 153-163